Puzzle arcade de cálculo mental

Aritmetris

Mates que entran ben

XOGAR

Como se xoga

Calcula rápido e limpa o taboleiro

As pezas caen con número + operador + número. Mira cal é o obxectivo actual e combina números e operadores para atopar a operación correcta.

Serás quen de limpar o taboleiro e pasar de curso? - Cada vez que completas un obxectivo, aparece outro novo - Pode que xa teñas operacións preparadas que encaixen co novo obxectivo cando caia a seguinte peza - Combina en vertical, horizontal ou diagonal; fai combos e encadea operacións longas Se te portas ben, pasarás de curso

Modos

Catro maneiras de xogar cos números

Os modos 1 vs 1 e 1 vs CPU só están dispoñibles en tableta e PC.

Clásico

O camiño de sempre Comeza con sumas sinxelas, números do 0 ao 2 e obxectivos ata o 4. Pouco a pouco chegan máis operacións, máis números e máis mala uva. A ver se es quen de chegar á universidade. Aprobar é doado; o sobresaliente xa é outra historia
Captura do modo Clásico de Aritmetris

Sprint

Altas capacidades Para quen sente que primaria se lle queda pequena e quere pasar de curso a toda velocidade. Os números grandes saen antes e as operacións empezan a complicarse en canto chegas ao segundo nivel. Cando controles o clásico, este é o seguinte paso. As lentes de empollón non veñen incluídas
Captura do modo Sprint de Aritmetris

1 vs 1

Duelo local na mesma pantalla Dous xogadores compiten lado a lado cun obxectivo compartido. Resolver antes cambia a presión da partida e pode mandarlle problemas ao rival. Só en tableta e PC
Captura dunha partida versus de Aritmetris

1 vs CPU

Reta a CPU O mesmo duelo, pero contra un rival controlado polo xogo. Escolle dificultade e pon a proba os teus reflexos de cálculo sen depender doutro xogador. Só en tableta e PC
Captura dunha partida versus de Aritmetris

Que inclúe

Feito para partidas rápidas e para volver cando che pete

5 idiomas

Nas catro linguas oficiais de España e tamén en inglés.

Instalable

Podes xogar no navegador ou instalalo para telo máis á man.

Sen conexión

Se o instalas, podes xogar sen conexión. Perfecto para unha sala de espera sen cobertura.

Control flexible

Podes xogar con teclado, rato, pantalla táctil no móbil ou mesmo con mando.

Logros e récords

Hai logros e todo tipo de estatísticas para que te piques contigo mesmo.

Sen rexistro

Sen retos diarios, notificacións nin contas. Xógalo ti, no teu dispositivo. Á vella escola.

12 niveis

De primaria á universidade, cada vez con máis intensidade. Se consegues chegar alí, a partir dese punto o xogo acelera ata que non poidas máis.

Historia

De 2010 a hoxe

Un prototipo dunha fin de semana, 16 anos no caixón e mes e medio para rematalo.

Lembrades Flash? A idea xurdiu hai 16 anos como maneira de reaproveitar un motor de xogo que fixen para o proxecto de fin de carreira. Pensárao como un xogo educativo para o meu sobriño, que daquela tiña 6 anos. Púxenme con el, pero acabou esquecido nun caixón, aínda por pulir. Moitos anos despois, recupereino. De Flash a HTML5

Para familias e docentes

Recursos para practicar mates xogando sen perder o foco pedagóxico

Dúas lecturas breves sobre xogos educativos de matemáticas, fluidez e cálculo mental con ligazóns a estudos e artigos de pedagoxía serios.

Xogos educativos de matemáticas

Que mirar antes de recomendar un xogo Unha guía sobre que di a evidencia, como diferenciar un recurso útil dun simplemente vistoso e por que os quebracabezas de cálculo poden encaixar ben como práctica complementaria. Ideal para buscas como xogos educativos de matemáticas ou quebracabezas matemático
Ler o artigo

Practicar cálculo mental xogando

Fluidez con sentido, non velocidade por velocidade Unha lectura orientada a familias e aula sobre como usar sesións curtas e lúdicas para reforzar precisión, flexibilidade e comprensión sen converter a práctica nun exame. Pensado para buscas como practicar cálculo mental ou velocidade de cálculo
Ler o artigo

Post-mortem

Como se fixo

De Flash a HTML5 tirando partido das ferramentas modernas No post-mortem conto como foi o proceso de desenvolvemento: desde o momento de recuperar o xogo ata os intentos que saíron do revés, e como atopei o fluxo de traballo axeitado para aproveitar os ratiños nocturnos dun pai ocupado e acabar o meu primeiro xogo propio. Máis detalles no post-mortem completo
Ler o post-mortem

Xogar

A partida comeza no navegador

Sen rexistro, sen instalación obrigatoria e con partidas curtas para quentar a cabeza.